A Xunta impulsa actuacións de accesibilidade en centros educativos da Costa da Morte

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde Ponteceso, José Manuel Mato, supervisou as obras que se están a levar a cabo de instalación dun ascensor no IES Eduardo Pondal  que contan cun orzamento de máis de 70.000 euros.  Trenor recalcou que o Goberno Galego está a investir máis de 200.000 euros na mellora da accesibilidade de centros educativos da zona colocando tamén ascensores no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco e no CEIP O Areal de Camariñas

Estas intervencións súmanse ás que está executando en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo e Ponteceso, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha