O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o centro carballés Einstein Formación que está a impartir seis curso AFD (Accións Formativas para Desempregados) dentro da oferta de financiamento autonómico a entidades e concellos. Durante a visita, informou que o Goberno galego financiará en Carballo 28 destes cursos e un obradoiro de emprego que permitirán formar a 440 persoas sen emprego da vila, 420 nos cursos AFD e 20 no taller de emprego.
No Concello de Carballo impartiranse 5 cursos AFD organizados polo concello cun apoio da Xunta de máis de 350.000 euros e contará tamén con outro apoio para a organización dun obradoiro de emprego de 531.000 euros. Por outra banda, a Xunta financia outros 23 AFD en 6 entidades privadas deste municipio por un importe de 1,2 millóns de euros.
Trenor agradeceu aos participantes “a súa implicación e gañas de aprender un oficio mellorando os seus coñecementos e a súa experiencia para outorgarse máis oportunidades no mercado laboral en dous sectores que cada vez teñen máis demanda”.