A Xunta impulsa o emprego autónomo e o emprendemento na Costa da Morte

1 minutes read

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, mantiveron un encontro con Jonathan Figueiras, un dos beneficiarios, con 16.000 euros, da liña de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinada a apoiar o emprendemento. Un programa que se convocou por primeira vez este que ten por obxectivo para apoiar a continuidade e consolidación de iniciativas empresariais en Galicia. Concretamente, na comarca de Bergantiños-Costa de Morte recibiron este apoios 6 beneficiarios por un importe total de máis de 174.000 euros.

As axudas estiveron dirixidas a diferentes colectivos que impulsan en Galicia o emprendemento: pemes, persoas traballadoras autónomas, sociedades mercantís ou laborais e empresas vinculadas á economía social. Os apoios, destinados a financiar investimentos e para impulsar o emprego en iniciativas emprendedoras cunha antigüidade máxima de 42 meses, sumaron unha media de 28.000 euros por proxecto empresarial. A convocatoria mobilizou arredor de 10,7 millóns de eurosen toda Galicia e a maior parte dos beneficiarios das 196 axudas foron pemes (57,14%), seguidos do colectivo autónomo (32,65%).

O delegado da Xunta destacou que a comarca de Bergantiños-Costa da Morte contou con varias axudas que nutren o ecosistema emprendedor galego. Concretamente, nos programas xa resoltos repartironse 344 axudas por un importe de 1.880.000 euros. Trenor subliñou que estes apoios forman parte da a folla de ruta que está impulsando a Xunta para crear  emprego estable e de calidade con medidas que favorecen o incremento das oportunidades laborais e a redución do desemprego

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?