A Xunta impulsará emendas ao proxecto de Presupostos Xerais do Estado

Será, entre outras cousas, coa fin de que incorporen as partidas necesarias e suficientes para impulsar as obras dos treitos prioritarios da autovía Ourense-Lugo (A-56).

Así llo trasladou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos alcaldes integrantes da Plataforma A-56, cos que mantivo unha xuntanza, na que tamén participou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

O Goberno galego promoverá emendas destinadas a que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para acometer as obras dos treitos considerados prioritarios, o intercambiador de Guntín, na provincia de Lugo, e o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense.

A autovía Ourense-Lugo está proxectada pola Administración xeral do Estado como un eixe vertebrado do interior de Galicia e planificouse como unha vía de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago en Guntín, e chega ata a A-52 en Ourense. A súa construción beneficiaría a 250.000 habitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha