A Xunta impulsará o teletraballo co plan de reactivación económica

1 minutes read

Este Plan está dotado con máis de 3.000 millóns de euros e ten por obxectivo dinamizar a economía e xerar emprego nos sectores máis afectados pola pandemia. O conselleiro de Facenda e o de Economía, Emprego e Industria acordaron cos responsables da patronal e dos sindicatos UXT e CCOO destinar unha parte deses fondos a favorecer a implantación do teletraballo. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: «Imos achegar 5 millóns de euros precisamente para mellorar as infraestruturas tecnolóxicas para que os autónomos e as pemes poidan dispoñer deses medios para que os seus traballadores poidan desenvolver nas mellores condicións posibles o teletraballo».

Declaracións do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.