A Xunta incoará este mes a declaración BIC da Casa Cornide

Despois de anos de reivindicación por partidos políticos como o Bloque Nacionalista Galego e de colectivos sociais como Defensa do Común, a Xunta anunciou que este mesmo mes o palacio urbano que posúen os Franco no corazón da Cidade Vella da Coruña quedará protexido como Ben de Interese Cultural. Isto garantirá a protección integral dos seus valores culturais desde o mesmo momento da incoación e ata a aprobación definitiva, adoptando as medidas que sexan precisas para garantilo. A decisión da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural conta cos informes favorables das tres institucións consultadas na tramitación: o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha