A Xunta incrementou nun 2,5% a contía da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) e das Axudas de Inclusión Social (AIS). Na actualidade benefícianse da Risga máis de 7.200 persoas, mentres que ao longo do ano 2021 percibiron unha axuda de inclusión social máis de 3000 galegas e galegos.
Estas prestacións foron blindadas no orzamento para seguir dándolle unha resposta a todas aquelas persoas que non transitaran ao Ingreso Mínimo Vital (IMV). En concreto, as contas autonómicas reservan 44 millóns de euros para a Risga, ampliables en caso de ser necesario, e 4 millóns de euros para as AIS.
Ademais continúa avanzando na reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia en colaboración coas entidades e os profesionais do sector para adaptar o mapa de prestacións ao novo escenario xurdido coa aprobación do Ingreso Mínimo Vital (IMV), para seguir reforzando as axudas ás persoas que máis o precisan.