A Xunta informou en Ponteceso das oportunidades dos novos mercados de carbono

1 minutes read

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou este martes nun relatorio na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso sobre os retos e expectativas que supoñen os mercados voluntarios de carbono en Galicia. Alí expuxo en que consisten estes mercados emerxentes e cales son as oportunidades que se lles presentan aos titulares forestais sexan propietarios particulares ou comunidades de montes veciñais en man común. A xornada veu motivada polo interese que este tipo de novos mercados está a espertar como “unha fonte de riqueza que axude a afondar na xestión forestal sustentable e activa, poñer en valor o rural e loitar contra o seu abandono”, en palabras do director.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?