A Xunta inicia a elaboración dos orzamentos do 2021


A Xunta de Galicia inicia o proceso de elaboración dos Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2021, unhas contas que priorizarán a recuperación da actividade económica e do emprego en liña co Plan Estratéxico de Galicia e o Plan de reactivación e dinamización 2020-2021 baseados nun crecemento sustentable e na cohesión social e territorial.

Ademais, as contas da Xunta para 2021 reforzarán, segundo a Xunta, os servizos públicos e terán como obxectivo continuar garantido a seguridade socio sanitaria e paliar os efectos da pandemia para poder volver aos niveis de emprego e de actividade anteriores á pandemia o máis axiña posible a través de reformas estruturais para formar un tecido económico máis moderno, produtivo e sostible.

A Consellería de Facenda e Administración Publica publicará nos próximos días a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. O Executivo galego acelera así o proceso de elaboración dos presupostos do vindeiro ano, unha vez coñecidas esta mesma semana e con máis de dous meses de retraso algunhas das principais magnitudes de referencia necesarias para a elaboración das contas, tras a reunión do Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF).