A Xunta iniciará este mércores as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada Coruña-Carballo

1 minutes read

Comezan así os traballos de conservación e mellora de firme que a concesionaria realiza de xeito sistemático nas autoestradas do Valmiñor e Coruña-Carballo, co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles e garantir a calidade, seguridade e durabilidade dos firmes.

En concreto, este luns, día 28, comezarán as obras na autoestrada do Val Miñor e o mércores, día 30, iniciaranse na autoestrada A Coruña-Carballo.

A duración estimado dos traballos previstos é de 5 semanas no caso da AG-55 e de 2 semanas no caso da AG-57 e o desenvolvemento das obras estará condicionado polas condicións meteorolóxicas necesarias para a execución dos traballos coa calidade requirida.

O orzamento estimado desta campaña do 2026 acada, entre ambas as dúas autoestradas, un total de 520.000 euros.

As obras estarán debidamente sinalizadas e para minimizar a afección ao tráfico os cortes serán de carril, salvo puntualmente nos ramais nos que se actúa.