A Xunta iniciará no vindeiro mes o proceso para regular a entrega de medicamentos a domicilio


O conselleiro de Sanidade sinalou que, na Lei galega de Ordenación Farmacéutica, incluiuse como gran novidade un artigo que regula a entrega informada de medicamentos nos lugares de residencia dos usuarios. Este artigo nos permitiu, -dixo García Comesaña-, “dar cobertura ao sistema extraordinario de prestación farmacéutica que establecemos durante a fase aguda da pandemia, co obxecto de atender a pacientes contaxiados da covid ou en situación de dificultade para desprazarse a recoller medicación de patoloxías non covid”.
Neste momento no que Galicia acaba de levantar a situación de emerxencia sanitaria, a extensión xeneralizada dese modelo toca ao seu fin pero “non podemos perder o bo que xeramos e as leccións que aprendemos”. En consecuencia, -dixo o conselleiro-, o Sergas Saúde “está xa a ultimar o modelo que substituirá ao anterior e permitirá seguir facilitando a entrega de fármacos aos pacientes cuxa situación asistencial ou persoal así o requira”, de aí que comece a nova elaboración o vindeiro mes.