A Xunta iniciou as obras de humanización do acceso á estación de autobuses de Carballo

A Xunta comezou este venres as obras de humanización do acceso á estación de autobuses de Carballo, que teñen como obxectivo lograr un espazo máis aberto á vila e á cidadanía. Esta intervención supón un investimento autonómico de máis de 48.000 euros e conta cun prazo de execución de 2 meses.

O proxecto inclúe os traballos necesarios para acadar a apertura ao exterior da cafetería, coa creación dunha terraza e un acceso ao lado este da estación. Tamén se colocará unha malla de peche no espazo colindante entre a dársena e o parque público. As obras abranguen a reparación do pavimento, o selado de baixantes e a reposición de papeleiras na dársena. Ademais disporanse vinilos nas taquillas.

Estas actuacións súmanse ás xa executadas en 2016 pola Xunta nesta estación, que foi obxecto da reparación da cuberta e da limpeza de canlóns, así como do arranxo da estrutura metálica das dársenas. Tamén se solucionaron as carencias que presentaban os falsos teitos e tabiques danados pola entrada de auga.

Eses traballos, realizados no marco do Plan Renove de estacións de autobuses de Galicia e cun investimento autonómico de máis de 60.000 euros, tamén permitiron reparar os aseos e adecuar a instalación eléctrica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha