A Xunta instala paneis divulgativos sobre o risco de inundación en Vimianzo, Zas e Carballo

1 minutes read

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este sábado varias áreas de risco potencial significativo de inundación (Arpsi) de varios concellos da provincia da Coruña nas que se instalaron paneis informativos para concienciar á cidadanía sobre os perigos e implicacións destas zonas así como informar das medidas preventivas e pautas de actuación para a veciñanza en caso de producirse algún episodio deste tipo.

A responsable autonómica explicou que ata o momento se colocaron máis de 250 indicadores en preto dunha vintena de municipios da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e que está previsto instalar máis nos próximos meses para chegar a un total de arredor de 600 en 41 concellos. Deste xeito dotarase deste tipo de carteis a todas as Arpsi do grupo IV, as de maior risco de rexistrarse asolagamentos e tamén de perigosidade.

Na Costa da Morte sinalizáronse áreas con alto risco de inundación nos concellos de Vimianzo, Zas e Carballo, co obxectivo de advertir das implicacións destas zonas e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento