A Xunta intervén a residencia de Outeiro de Rei tras case cen positivos

1 minutes read
  • Os novos afectados foron detectados no segundo cribado practicado no centro, no que se realizaron 168 probas PCR

A residencia de maiores DomusVi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei, tivo que ser intervida pola Xunta despois do incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado este martes, con 95 novos casos. O goberno galego tomou esta decisión tras avaliar a evolución epidemiolóxica do centro coas consellerías de Sanidade e Política Social, e coa que se busca garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro.

Coa intervención sanitaria da residencia, os profesionais do Servizo Galego de Saúde farán un seguimento médico constante das persoas usuarias desta residencia e supervisarán a correcta aplicación dos protocolos aprobados pola Xunta de Galicia.

O total de novos positivos repártese entre 94 usuarios e 5 profesionais, que foron detectados no segundo cribado practicado na residencia, no que se realizaron 168 probas PCR tanto a residentes como a traballadores.