A Xunta intervén unha residencia de maiores de Tui

0 minutes read

As consellerías de Sanidade e Política Social interviron a residencia Paz y Bien de Tui, tomaron esta medida para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro, que rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores. As autoridades sanitarias aseguran que a evolución clínica dos contaxiados é boa, pero convén non baixar a garda.