A Xunta investirá 10.000 euros no xulgado de paz de Ponteceso

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou co alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, un convenio de colaboración mediante o que a Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e en dotar do equipamento necesario ás oficinas do xulgado de Paz, co obxectivo de que o persoal da Administración de Xustiza poida ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns. Esta iniciativa inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego, dentro das súas competencias, para modernizar e mellorar a Administración de Xustiza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha