A Xunta investirá en aerotermia e equipos de radioloxía no centro de saúde de Carballo

1 minutes read

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trénor, visitou o centro de saúde de Carballo para detallar os investimentos por case 500.000 euros que acometerá o goberno galego este ano neste centro. Na visita estivo acompañado pola directora de Atención Primaria, Concepción Blanco

Trénor salientou que a Xunta vén de licitar a instalación, por 290.000 euros, dun sistema de aerotermia no centro de saúde carballés. Únese así ás actuacións noutros 13 dentro dun contrato para a introdución de enerxías renovables en centros de saúde por importe de 1,5 millóns de euros. Este investimento xurde a través dun acordo entre o Sergas e o Inega, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove, a través da Axenda Enerxética Galicia 2023, a integración de enerxías renovables en edificios públicos.

Por outra banda, Trénor sinalou o investimento de 181.500 € na renovación do equipo de radioloxía do centro de saúde carballés. A substitución da actual sala de raios X, dun só detector, por unha nova sala con dous detectores permitirá duplicar a capacidade do servizo de radioloxía da localidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?