A Xunta investirá máis de 145.000 euros en obras de mellora na escola infantil da Laracha

1 minutes read

O xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou o centro acompañado do alcalde do concello, José Manuel Varela

As obras, que contratará e executará o concellos, consistiran na substitución de pavimentos, en completar a instalación de chan radiante, na pintura integral no interior do edificio e na revisión e mellora das carpinterías interiores. Así mesmo, renovaranse os aseos infantís e parte do mobiliario, entre outros traballos programados. As intervencións realizaranse principalmente durante o vindeiro verán, aproveitando o peche da escola por vacacións.

O xerente do Consorcio enmarcou esta intervención no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade.

Ao respecto, destacou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil cun 65%, 15 puntos por riba da media nacional.

Melloras en escolas das redes autonómica e local

A mellora deste centro da Laracha forma parte dun novo programa de intervencións en escolas infantís públicas de 0 a 3 anos toda Galicia, de titularidade municipal e autonómica. A Xunta destinará a estas actuacións, preto de 980.000 euros procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social (FCT).  Con estes fondos acometeranse actuacións de reforma, de ampliación, de renovación de cubertas e fachadas ou de equipamento, en función das necesidades que teñan os centros.