O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, supervisaron as obras levadas a cabo no centro de recepción turística para roteiros no Esteiro do Anllons, que contou cunha axuda da Xunta de máis de 30.000 euros.
Na primeira parte da actuación levouse a cabo a rehabilitación do ben inmoble que unha vez acondicionado, servirá como centro de recepción de turistas contando con oficina, almacén de material, aseos e vestiarios a dispoñibilidade dos usuarios. O proxecto tamén contemplou a sinalización das roteiros BTT, empregando cartelería e sinalización adecuada ás esixencias da normativa. Con estas actuacións consíguese poñer en valor e aumentar o atractivo turístico da zona, promovendo un tipo de turismo respectuoso co medio ambiente, mediante accións con impactos negativos (ambientais e visuais) mínimos.
Na súa visita o representante do Goberno autonómico recalcou que esta obra foi posible grazas á orde de apoios dirixida aos concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas que repartiu máis de 124.000 euros o ano pasado para apoiar actuacións nos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Corcubión e Dumbría.
| CONCELLO | OBXECTO AXUDA | OBXECTO EMBELECEMENTO | AXUDA CONCEDIDA |
| Cabana de Bergantiños | Centro de recepción turística para roteiros no Esteiro do Anllons | 30.000,00 € | |
| Camariñas | Creación do miradoiro Alto da Vela | 25.000,00 € | |
| Cee | Memoria técnica subministro de cubrecontedores | Remodelación área recreativa de Lires | 14.610,75 € |
| Corcubión | Embelecemento e accesibilidade na R/ Pepe Miñones e entorna | 25.199,17 € | |
| Dumbría | Mellora accesibilidade na pasarela da Fervenza do Ézaro | Renovación de mobiliario no núcleo de Olveiroa | 30.000,00 € |
| TOTAL | 124.809,92€ |