A Xunta inviste máis de 150.000 € na prevención de incendios forestais na Terra Chá

A Consellería de Medio Rural está executando traballos preventivos dentro do Distrito forestal X Terra-Chá, que consisten fundamentalmente na mellora de pistas, cortalumes e desbroces de faixas auxiliares. Realízanse en terreos de xestión pública e en zonas de alto risco de incendio (ZAR).

A realización de faixas auxiliares e desbroces das cunetas das pistas facilitará o traballo de extinción do lume nas zonas localizadas estratexicamente, e nas áreas cortalumes rozarase a vexetación existente co fin de mellorar as liñas de defensa. O labor realizado nas pistas forestais inclúe a colocación de pasos de auga onde sexan necesarios para facilitar o acceso nas vías de comunicación ao monte para o persoal encargado da extinción.

A suma das accións en hectáreas ascende a máis de 131, das cales 83 hectáreas son de melloras de cortalumes. O resto das zonas de actuación divídense na roza e desbroce de faixas e pistas. Actúase tamén sobre 50 quilómetros de pistas forestais na limpeza de cunetas e no acondicionamento do terreo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha