A Xunta inviste na eliminación de puntos de vertido incontrolados no concello de Lalín

1 minutes read

A Xunta de Galicia investiu este ano máis de 235.000 euros na eliminación de eliminación de puntos de vertido incontrolados nos lugares de Vilanova, Mato-Santiso, O Seixo-Santiso, Filgueira, Goiás e Maceira, no Concello de Lalín, segundo dixo a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Durante unha visita ao espazo recuperado no lugar da Maceira, a vicepresidenta segunda subliñou que desde 2014 se eliminaron “máis de 1.200 puntos de vertido incontrolado que permitiron recuperar un total de 81 hectáreas” en 152 concellos diferentes por un importe de 8,43 M€.

Nese senso, Ángeles Vázquez puxo en valor que a limpeza destes espazos permite minimizar e corrixir a afectación causada, logrando tanto a restauración da contorna como a previsión de novos amoreamentos ao acadar tamén a eliminación do hábito de depositar lixo neses lugares. De feito incidiu en que o obxectivo do Goberno galego é que non haxa nin un só punto de vertido incontrolado na Comunidade.

Nesa liña, aínda que a competencia sobre os residuos dos vertidos incontrolados corresponde aos concellos, o Goberno galego vén prestando apoio ás entidades locais mediante a realización de actuacións de recuperación ambiental de espazos degradados. E, ademais de reverter a degradación ambiental tamén se promove a correcta xestión dos residuos mediante a súa reciclaxe.