- A iniciativa abrangue do análise da poboación de cría do mexillón nas rochas á avaliación de novos sistemas para captala no medio natural e a produción en criadeiro.
O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón, en Vilanova de Arousa, acollerá o próximo 29 de novembro ás 11.00 horas unha xornada de divulgación dos traballos realizados dentro do proxecto Apromex, Análise da poboación de semente de mexillón e avaliación de novos sistemas para a súa captación do medio natural e para a súa produción en criadeiro. Esta iniciativa forma parte dun plan para prover de información e formación ao sector mexilloeiro que desde a Consellería do Mar se pretende levar adiante durante 2024.
A miticultura galega, unha das principais actividades acuícolas da comunidade autónoma, desempeña un papel crucial na economía e a sociedade galega. Con todo, para garantir a súa sustentabilidade e desenvolvemento continuo, é esencial abordar os desafíos que enfronta. Neste contexto, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, a través do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), e co apoio técnico do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, lanzou Apromex en 2022, cofinanciado pola UE a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Durante o último ano, no marco deste proxecto abordáronse tres obxectivos: o análise da poboación de mexilla no litoral rochoso, a avaliación de novos sistemas para a súa captación no medio natural e a produción de mexilla en criadeiro.