Tamén licitará o luns a de cambio de cuberta do CEIP O Cruce, en Cerceda. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destinará máis de 1,6 M€ a estas dúas actuacións, que se acometerán ao longo de 2026 e se enmarcan no Plan de nova arquitectura pedagóxica.
A intervención no colexio camariñán, que conta cun orzamento de máis de 1,1 M€, ten como obxectivo renovar por completo a envolvente do centro para mellorar o confort térmico da comunidade educativa no seu día a día e a eficiencia enerxética das instalacións.
Para isto, o programa de actuación inclúe o cambio da cuberta por unha nova de panel tipo sándwich con illamento térmico, dun total de 1.726 m², así como a instalación de sistema SATE nos 1.864 m² de fachadas. Así mesmo, mudaranse as 87 fiestras exteriores e 69 portas que aínda non foran aínda renovadas. Tamén se incorporarán novas luminarias no recinto exterior do colexio, que non existen na actualidade, e acometerase o acondicionamento acústico interior do patio cuberto a base de chapas microperforadas de aceiro galvanizado lacado e panel interior de la de vidro.
No interior do edificio instalaranse nova iluminación (337 luminarias en total) e falsos teitos e realizaranse tarefas de pintado, ademais de realizarse outras melloras complementarias.
A intervención inclúe tamén a mellora da accesibilidade do centro, coa construción e adecuación de ramplas desde os patios ata o colexio e a redistribución do núcleo de aseos da planta baixa para crear dous aseos adaptados.
Renovación da cuberta en Cerceda
A obra no CEIP O Cruce de Cerceda conta cun investimento de máis de 500.000€ para mudar a parte das cubertas que aínda non foron renovadas, un total de 2.135 m². Para iso empregarase o mesmo sistema ca nas xa substituídas, un panel sándwich de 30 mm de espesor colocado sobre una subestrutura metálica de pórticos e correas apoiados sobre forxado existente, con illamento baixocuberta de poliestireno.
Modificarase algunha das cubertas (especificado en planos) pasando de ser de un auga a dúas augas, respectando en calquera caso a pendente existente, e colocaranse canlóns e baixantes novas.