Trátase dunha operación de conservación que ten por finalidade manter en todo momento os itinerarios oficiais nun óptimo estado para o paso dos peregrinos e garantir o seu mantemento de cara ao Xacobeo de 2021. Conta con un orzamento de 10,4 M€.
O investimento propiciará actuacións de control permanente para detectar as distintas necesidades existentes no Camiño de Santiago. Atenderanse as posibles incidencias que xurdan, danos ocasionais derivados de factores externos como a climatoloxía, ademais de atender a súa conservación ordinaria. Abarca, polo tanto, operacións de supervisión, así como correctivas, programadas e ocasionais, seguimento e control, operacións sistemáticas normativas, tarefas preventivas, ou actuacións de limpeza ou sega, entre outras.
As empresas interesadas teñen de prazo ata o martes 9 de abril para presentar as súas propostas, tanto por correo certificado ou no rexistro da Axencia Turismo de Galicia.