A Xunta de Galicia vén de informar que ten reservada unha partida orzamentaria para reformas e melloras en centros de saúde, cun importe total de 4.203.320 €. A distribución destes cartos será do seguinte xeito: 1 millón de euros para iniciar a reforma do centro de saúde de Conxo en Santiago; 454.320 € para rematar a reforma do centro de saúde de Ribadavia e outros 100.000 € para finalizar as obras do de Arnoia.
Ademais dentro desta mesma partida hay 2,65 millóns de euros para licitar as obras de reforma nas instalacións que figuren na prioridade 1 do novo Plan de Infraestruturas de Atención Primaria. Neste caso son os centros de saúde de Carballo, Cedeira e Culleredo na provincia da Coruña; o da Milagrosa en Lugo, Meira e Outeiro de Rei na provincia luguesa; e o de Moraña en Pontevedra.
A Xunta licitará este ano as obras de reforma do centro de saúde de Carballo
Centro saúde Carballo.