A Xunta mellora as redes de distribución eléctrica do polígono de Val do Dubra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, visitaron a zona  da antiga fábrica da Telleira, adquirida polo Concello para a construción do novo polígono industrial,  para anunciar un novo investimento dun millón de euros para a mellora das súas redes de distribución eléctrica. Concretamente levaranse a cabo traballos de reforzo, adecuación, adaptación e reforma da rede de distribucións existentes en servizo para incorporar as novas instalacións.

Trenor destacou o excelente traballo levado a cabo por este rexedor xa que a este investimento únese outra axuda de 240.000 euros para poñer en marcha un viveiro empresarial co obxectivo de favorecer novas actividades de carácter industrial, o nacemento de novas empresas e axudar aos empresarios nas súas primeiras etapas de actividade. Ademais, a través da orde de parques empresariais Val do Dubra contará tamén con outro apoio de 117.000 euros para mellorar os accesos á súa parcela de equipamentos.

O delegado da Xunta lembrou que este novo espazo empresarial ten reservada tamén outra axuda de 120.000 euros  para a execución duna planta de tratamento de augas residuais que dará servicio as empresas que se instalen neste espazo.

Trenor apuntou que “grazas ao traballo de todo o equipo do Concello de Val do Dubra, o seu novo polígono industrial conta xa cuns apoios de case 1,5 millóns de euros para iniciar a súa andadura”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha