A Xunta mellorará 12 paradas de autobús en estradas autonómicas da Costa da Morte

1 minutes read

A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora da accesibilidade e conectividade de 12 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas da Costa da Morte ao seu paso polas rutas de acceso á Coruña. As actuacións foron adxudicadas á empresa Construcciones Cernadas S.L. e o contrato correspondente será formalizado nos vindeiros días. Estas intervencións permitirán actuar nas paradas correspondentes á zona oeste ao seu paso por 3 concellos da comarca de Bergantiños. Máis concretamente, a través deste contrato melloraranse as paradas situadas nas estradas autonómicas AC-413, AC-414, AC-418, AC-424 e AC-552, 9 no término municipal de Carballo, 2 no de Ponteceso e 1 no de Malpica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?