36
O proxecto contempla a ampliación da anchura actual da zona de rodadura dos vehículos aproveitando o espazo dispoñible na marxe da calzada e a nova pavimentación da vía. En total será acondicionada unha distancia lineal duns 600 metros.
Ademais, en dous tramos reforzarase a seguridade coa colocación de biondas como barreira de protección que eviten posibles caídas de vehículos a distinto nivel.
A actuación está valorada en 45.000 euros. Será executada e financiada integramente pola Consellería do Medio Rural, tras a remisión da documentación necesaria por parte do Concello da Laracha.
