A Xunta mellorará o firme na estrada AC-418 en Malpica

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá novas obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-418 ao seu paso polo concello de Malpica.

Esta intervención, adxudicada á empresa Obras Xerais, S.L. por case 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas, cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

As obras consisten na rehabilitación do firme na contorna do punto quilométrico 15, en Malpica, no treito da estrada máis próximo ao núcleo urbano.

As actuacións consistirían, concretamente, no fresado e reposición de 5 centímetros da capa de rodaxe do firme no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 15 e 15,8 desta vía autonómica.

A Intervención de rehabilitación de firme levarase a cabo no ancho completo dos carrís cunha capa de mestura bituminosa en quente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?