A corrección de impactos paisaxísticos debería levarse a cabo en máis de 260 concellos galegos, o que, segundo aseverou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, constata a grande e positiva repercusión no eido ambiental e social desta liña de financiamento. A boa acollida da convocatoria permitiu incrementar o financiamento previsto. Así, no caso dos particulares ampliouse o orzamento inicial de 1 M€ ata os 2,8 M€ e, no que respecta aos concellos, pasouse de 600.000 euros a 800.000 euros. De feito, a Consellería vén de ampliar o prazo para xustificar a actuación realizada ata o 31 de outubro. No caso dos concellos, estas axudas teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos tanto en edificios de titularidade municipal como en certos equipamentos de titularidade municipal. Este ano, atendeuse un total de 42 solicitudes.
26