A Xunta non considera necesario un cribado xeral en Camariñas

1 minutes read
  • Para o Sergas o máis efectivo agora mesmo é continuar cos cribados sectoriais

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, mantivo unha charla co xerente do Sergas, Luis Verde, para trasladarlle a súa preocupación polo incremento do número de positivos por coronavirus no municipio. Os últimos datos oficiais elevan a 65 os casos activos.

Se ben a rexedora solicitou que se realizase un cribado xeral, o representante do Sergas indicou que o máis efectivo agora mesmo é continuar cos cribados sectoriais e tomar as medidas necesarias atendendo aos resultados.

Por outra banda, entre o persoal do CEIP Ponte do Porto houbo un caso, polo que se lles realizará unha proba a todo o profesorado e demais persoal.