O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, amosouse preocupado pola tendencia ascendente que se está a rexistrar nos últimos 15 días. Con esta situación analizada, non descartou tomar medidas específicas para tratar de revertela. O conselleiro enmarcou o incremento de casos que sofre Galicia na tendencia xeral que se está a vivir en toda Europa. Lembrou que aquí os datos son bos e as incidencias seguen sendo baixas grazas ás altísimas porcentaxes de vacinación. En todo caso, non ocultou a súa preocupación pola evolución ascendente da curva da pandemia. Dixo que o subcomité clínico se reunirá o venres para analizar os datos e, aínda que non hai medidas específicas sobre a mesa, non descartou que poidan tomarse se a situación empeora.