- En Galicia xa hai 112 afectados polo COVID-19.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, declarou este venres o estado de alarma na comunidade, que xa suma 112 casos de afectados polo coronavirus. Feijóo compareceu ao redor das 20:00 horas despois dunha reunión extraordinaria do consello para dar a coñecer a activación do plan de emerxencia e para sinalar que: «Estamos nunha situación nova e descoñecida, o mellor e o máis efectivo é que a xente quede na súa casa». O presidente galego formará parte dun centro de coordinación de emerxencia no que tamén estará o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázque Almuiña; a delegación do Goberno, representantes da Garda Civil e a Policía. Ante esta situación, quedan pechados aos público bares, restaurantes e cafeterías, que poderán seguir ofrecendo os seus servizos a través da recollida no seu local, ou ben a través do servizo de entrega a domicilio. Tamén se clausurarán os pubs, discotecas ou salas de festas. As tendas que non vendan produtos de primeira necesidade tamén deberán pechar as súas portas. Quedarán abertas ao público as carnicerías, peixarías, fruterías, farmacias, quioscos e demais tendas de alimentación. «Gustaríame que entendesen que o facemos polo ben de todos para tentar impedir que o virus avances», manifestou Feijóo, quen tamén pediu que «Quen teña síntomas está obrigado a quedarse na casa, e o que non os teña é recomendable que o faga tamén».