A Xunta oferta 1530 prazas na segunda edición do Plan de formación

Convocada la segunda edición del Plan de formación de juventud y voluntariado _Xunta de Galicia

  • Estará formado por 27 cursos, 22 deles en liña e cinco presenciais, orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado

A Xunta convocou unha segunda edición do Plan de formación para a mocidade, os profesionais do eido do tempo libre e as persoas voluntarias de Galicia cun total de 1530 prazas. O prazo de inscrición abriu este venres, no caso dos cursos destinados a persoas voluntarias e entidades, e pechará cando se cubran as prazas.

No mes de abril púxose en marcha un primeiro plan cun gran éxito de participación. Nesta segunda edición, amplíanse o número de cursos ofertados ata os 27, dos que 22 realizaranse en liña e cinco de xeito presencial nos espazos xoves de Chantada, Lalín, Betanzos, Noia e Ourense.

En concreto ofértanse 13 cursos formativos, oito en liña e cinco de carácter presencial, para persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia; e outros 14 cursos en liña para profesionais do eido do tempo libre e persoas mozas en xeral. Para este último grupo o prazo de inscrición ábrese o próximo 20 de outubro. Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado.