A Xunta de Galicia ofrecerá formación aos profesionais dos centros educativos implicados nos equipos covid para que poidan actualizarse na xestión de casos e adaptarse ao novo protocolo de actuación coordinado polo Goberno central. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou que con esta medida Galicia buscará seguir dando certezas á comunidade escolar no cumprimento do establecido a nivel estatal. Defendeu que a vacinación é a “principal ferramenta da loita conta a covid”. Neste senso, agradeceu o excelente labor de todo os profesionais sanitarios, así como a gran implicación de estudantes e familias no proceso de vacinación posibilitando que o regreso ás aulas sexa o máis normal posible. Actualmente, Galicia lidera a vacinación infantil e xa lle foi administrada a primeira dose a case o 54% da poboación entre 5 e 11 anos, 20 puntos por encima da media estatal.