A Xunta organiza en Coristanco un curso de formación sobre horta ecolóxica

O obradoiro celebrarase no Centro de San Paio o vindeiro martes, 22 de novembro, en horario de mañá e tarde (de 9,00 a 15,00 e de 16,30 a 19,00 horas).

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios sobre o novo regulamento de produción ecolóxica, no relativo aos conceptos de material heteroxéneo de reprodución vexetal e de grupo de operadores. Ademais, analizaranse tamén as sementes de produción ecolóxica e como xestionar a resistencia de pragas e enfermidades que afectan a este tipo de cultivos. Por último, realizaranse unhas prácticas de campo nunha explotación ecolóxica da zona.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 981 540 252.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha