A Xunta pecha co sector do ocio nocturno un plan de axudas de 4 millóns de euros

1 minutes read

A Xunta habilitará unha partida de 4M€ que destinará integramente a paliar os efectos da crise sanitaria e as restricións sobre os negocios de ocio nocturno. Así se acordou nunha reunión con representantes do sector na que tamén se avanzou na progresiva desescalada e reapertura dos seus negocios atendendo á evolución dos datos epidemiolóxicos.

Alfonso Rueda recordou que o ocio nocturno era o que levaba máis tempo sufrindo os efectos da pandemia, “porque foron os primeiros que tiveron que pechar e son os últimos en abrir”, de aí que a Xunta decidira habilitar unha partida específica para eles. O sector puido beneficiarse dos dous plans de rescate postos en marcha polo Goberno galego, que vén de ampliar o seu orzamento en 21 millóns máis, ata superar en total os 180 millóns. Con todo, o vicepresidente primeiro subliñou que precisaban dun “apoio especial”, en relación á nova axuda de 4 millóns consensuada co sector, que deberá decidir os criterios para a súa distribución.