A Xunta de Galicia anunciou este venres que pecha o lecer nocturno en todos os concellos da comarca da Coruña, -Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo e Oleiros- que tampouco poderán celebrar festas nin verbenas. O horario dos bares e restaurantes, ademais, verase restrinxido e estes establecementos só poderán abrir ata a unha da madrugada. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou que o peche do lecer nocturno nestes concellos a pesar de que algún deles apenas ten casos de coronavirus faise para evitar os desprazamentos dos mozos a outras zonas. As actividades realizadas nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros e Cambre terán ademais un aforo limitado ao 50%. O Goberno galego decidiu, así mesmo, limitar as reunións de persoas non conviventes a 10 individuos no ámbito privado.
43