A Xunta pedirá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero


O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta proporá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en Galicia. Deste xeito, proporase un plan para que, de acordo coa Comisión Mixta do Tribunal Superior de Xustiza, se poidan ampliar os existentes na Coruña e en Vigo ao resto das grandes cidades galegas.

Rueda argumentou que con esta ampliación de xulgados exclusivos en violencia de xénero “moitas mulleres que teñen medo se sentirán máis protexidas”. Así o defendeu na sesión de control no Parlamento de Galicia que, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, centrouse nas iniciativas postas en marcha pola Xunta en materia de igualdade.

Estes xulgados con única competencia en violencia de xénero serán de ámbito comarcal e concretou que se solicitará que se poña en marcha primeiro, tras os existentes na Coruña e en Vigo, o de Santiago de Compostela para estendelos ao resto das cinco grandes cidades galegas.