Alberto Núñez Feijóo e a conselleira de Política Social, Fabiola García, confirmáronlles ás asociacións da discapacidade que os centros poderán prestar atención terapéutica individual aos usuarios con cita previa.
O Goberno galego di que permitirán recuperar o resto de actividades cando remate a formación específica dos profesionais, teñan o material e protocolos de protección axeitados e o visto e prace das autoridades sanitarias.
Na reunión fíxose fincapé en que a Xunta de Galicia seguirá escoitando e estando ao carón das persoas maiores e con discapacidade e das súas familias, pois aínda que se está extremando a prudencia e vixiando a evolución da pandemia, tamén se está a traballar para recuperar progresivamente uns servizos sociais que son imprescindibles no día a día destas persoas.