A Xunta pide a retirada do proxecto de modificación da ABAU

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, volveu criticar con dureza este martes o proxecto de modificación da ABAU e manifestou que é o momento de pedir formalmente a súa retirada.

Segundo expuxo o conselleiro, a “debilidade” que sempre se lle achacou á ABAU é que xera desigualdade entre os alumnos en función do territorio da súa procedencia, cuestión que agora “non se corrixe senón que se agrava” polo peso que se outorga na nota final á ‘proba de madurez’. Ademais, o conselleiro criticou o modo en que se está tramitando un proxecto de modificación que nin se votou nin xera consenso.

A principal novidade da proposta ministerial é incluír unha proba de madurez consistente en que os alumnos analicen desde distintas perspectivas un dossier formado por documentos sobre un mesmo tema e respondan a preguntas tipo test, outras a completar e tres de desenvolvemento cun máximo de 150 palabras cada unha, ao redor das materias de Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira. Na comisión técnica do 2 de decembro acordouse rebaixar o peso da nota deste exame de madurez, pasando do 75 ao 60 por cento do valor da nota, e que non bote a andar no ano 2024.

A idea das comunidades e do ministerio é avanzar no maior consenso posible ao redor da fórmula final da ABAU e dar máis tempo aos profesores e aos alumnos para adaptarse aos recentes cambios introducidos a nivel curricular e de organización dos centros tras a entrada en vigor da última reforma educativa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha