A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, remitiu cartas aos municipios co fin de informalos da situación de prealerta que a Oficina Técnica da Seca acordou manter e solicitarlles a adopción das medidas anticipatorias que consideren oportunas para evitar problemas no abastecemento. Nas misivas indícase que o mantemento deste estado de prealerta por seca se debe a que os índices de estado empeoran en toda a Demarcación, pero sen chegar aos limiares previstos para a declaración do estado de alerta. Augas de Galicia sinala como factor favorable que as reservas de auga nos encoros de abastecemento están en situación de normalidade, aínda que os caudais seguen a ser baixos e as achegas atópanse por debaixo da metade das medias para esta época do ano.
36