41
A Xunta a través da autoridade laboral requiriralle a Alcoa a paralización do ERE que afecta a máis de 500 traballadores. Reclamanlle o goberno transparencia e que regule o prezo enerxético.
«Non podemos admitir que haxa un acordo encuberto entre o goberno e Alcoa para pechar a planta. A Xunta non o admitirá e o que esperamos e que o goberno presente na mesa industrial toda a información sobre as diferentes ofertas que se lle ten trasladado», manifestou Francisco Conde, conselleiro de Industria.
Os traballadores insisten na intervención temporal da fábrica por parte do Estado mentres non se resolve o proceso de venda.