36
Segundo explicou presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras o Consello do Goberno galego, o obxectivo é «aumentar nun 50 % a actividade asistencial» na Primaria no que se refire á atención a domicilio dos pacientes crónicos fóra da contorna das cidades. Cada un dos equipos contará cun vehículo e acudirán aos domicilios en coordinación cos centros de saúde para casos concretos, pero tamén o farán de maneira proactiva para o seguimento de pacientes inmobilizados.