A Xunta potenciará a capacidade resolutiva da enfermería a través dos plans locais de saúde

0 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, remarcou que a Xunta potenciará a capacidade resolutiva da enfermería a través dos plans locais de saúde, que xa se aprobaron en 14 servizos de atención primaria de toda Galicia como experiencia piloto e que, neste ano, o Executivo galego os levará a outros 42. Tal e como remarcou o conselleiro, con estes plans “queremos conseguir unha análise das necesidades particulares de mellora de cada servizo de atención primaria na asistencia que presta e unha proposta en equipo para afrontalos”.