A Xunta pregunta que medidas vai adoptar o Goberno sobre os vagóns caídos ao Sil

A consellería de Medio Ambiente pide información sobre o que cualifica como unha conducta totalmente inadmisible, e quere saber que medidas vai adoptar o Goberno central. A Xunta ten aberta a súa propia investigación, os seus axentes mediombientais volverán inspeccionar este lugar, onde hai oito días descarrilou un tren de mercadorías sen provocar feridos nin verteduras. A maioría de partidos políticos xa pediron responsabilidades, e asociacións ecoloxistas denuncian o que consideran un atentado contra o medio natural. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tamén asegura que lle vai abrir un expediente ao Adif se se demostra que guindou os dous vagóns ao río.