A Xunta prepara medidas adicionais para apoiar as pemes e autónomos

Cedida.

O conselleiro de Economía está a manter roldas de consultas co sector. Este mércores reuniuse por videoconferencia con representantes da Asociación Galega de Empresa Familiar. Francisco Conde trasladoulles que a prioridade é a sanidade e despois o mantemento da actividade empresarial e dos postos de traballo.

«Desde a Xunta de Galicia impulsaremos un conxunto de medidas económicas, financeiras e laborais para dotar de axilidade a resposta da Administración e para ser útiles nun momento de enorme dificultade onde a situación sanitaria do noso país é a prioridade, pero, ao mesmo tempo estamos traballando para manter esa actividade industrial», di Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha