A Xunta presenta ao Goberno central unha trintena de proxectos do ámbito social

Foto.- Xoán Crespo.

Faino coa intención de captar 164 millóns de euros de fondos europeos vertebrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As comunidades autónomas contarán nos vindeiros tres anos con máis de 2.630 millóns de euros para realizar proxectos, dentro da liña Economía dos coidados. Así o explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García, quen destacou que nos últimos días achegouse ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 a candidatura de Galicia para o bloque social destes fondos. A nosa comunidade autónoma presentou unha trintena de proxectos “para darlles forma aos servizos sociais da Galicia do futuro”, salientou. Os proxectos serán valorados polo Goberno central e presentados despois á Comisión Europea.