A Xunta pretende pechar a Escola Infantíl Os Pequerrechos de Carballo

1 minutes read

Os pais afectados constitúen unha plataforma polo peche inminente da Escola Infantil Os Pequerrechos de Carballo e convocan unha quedada reivindicativa para este luns 12 de agosto de 2019 ás 10.45 no portal de dita escola.
Nun comunicado de prensa din que «Gustaríanos compartir con vostedes a indignante situación que estamos vivindo dende o venres ás 16 horas cando recibimos os pais un correo no que se nos explica o peche das instalacións para o próximo curso debido a que, segundo a Xunta de Galicia, non cumpre os requisitos de calidade e precisa dunha reforma».
«Como comprenderán, a mediados de agosto, coas matrículas da Galiña Azul pechada e sen a penas prazas nas outras Escolas Infantís, os pais e nais sentímonos desamparados».
Ademais tamén din que, «é aínda máis penoso o trato ás educadoras, que se enteraron deste peche polos pais e nais». A concentración deste luns acode unha encargada destas escolas a dar as explicacións pertinentes, a petición dos pais.