A Xunta propón que haxa diferentes horarios para facer deporte ou saír a pasear dependendo da idade

1 minutes read
  • Avoga por permitir actividades que se practican individualmente e establecer medidas para deportistas profesionais ou federados

A Consellería de Sanidade remitiulle ao Ministerio de Sanidade un documento no que propoñen distintas franxas horarias por tramos de idade que permitan que as actividades autorizadas non conflúan, as distancias máximas que se deben manter e a distancia máxima con respecto ao domicilio.

Desde a Xunta establecen que as persoas maiores de 14 anos e menores de 70 poidan saír a facer deportes entre as 7 e as 10 da mañá, e de 20:30 a 23 horas.

Así, os maiores de 70 poderían realizar actividade física en horario de 10 horas a 12 horas e de 17 horas a 19 horas.

Para a actividade permitida pola Orde SND/370/2020, do 25 de abril, sobre as condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da poboación infantil, propoñeríase de 12:30 horas a 16:30 horas e de 19:30 a 20:30.

No documento sinalan que como máximo unha persoa podería desplazarse ata 5 km do seu domicilio para realizar estas actividades e debería de ter unha distancia mínima social de 4 metros.

Desde a Xunta recoméndase ademais autorizar determinadas actividades que se poden levar a cabo de xeito individual e, de acordo coas respectivas federacións, contemplar a modificación das condicións para a práctica deportiva, especialmente no que se refire ao alonxamento do domicilio.